Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NOMEAMENTO POLEMICO

NOMEAMENTO POLEMICO

 

 

    O Director do Igape tiña un amplo curriculum de irregularidades graves que facían imprescindible o seu cese. Pra ocupa-lo seu posto nomease unha persoa inmersa en varios xuízos. Hai quen pensa que a Srª Toca Carús, ourensán ela, lle  deron unha patada pra riba pra quitala do cargo que tiña, e así, deixar sen forza os litixios que tiña; tamén hai que ter en conta que o seu nomeamento entra dentro do copo de prebendas que o PPg ten pra Ourense. Vendo estes movementos de persoal concluíse que o cesado debía ser o conselleiro de Industria. Non pode admitirse que en tódalas áreas da súa consellería haxa asuntos turbios. O personaxe xa está cargado de méritos pro su cese. Como non pode argüírse que non hai outro, a culpa tena quen o nomeou e o mantén no posto; porque demostra que é consentidor, senón impulsor da corrupción. O IGAPE naceu pra impulsa-la industrialización de Galiza; dos seu  orzamentos solo dedica un terzo a esta función; pra mais a maioría, dese terzo, foi destinada a favorecer a familiares e amigos. O persoal é o mellor pagado, os seus salarios soen ser un 33% mais altos que noutros sectores. A maioría do persoal son das escalas superiores. Habería que suprimilo pra refúndalo. Moita cabalería e pouca infantería. Non se pode dicir que este tan mal xestionado como a antiga NOVACAIXA GALICIA; o mellor supera.

2 comentarios

Anónimo -

Pois eu penso que son este tipo de noticias as que fan armarse de razón aos que pensan que as autonomías non son máis que chiringuitos enormes absolutamente ineficientes que compren eliminar. Mira que me revolve as tripas cando escoito barbaridades dese estilo!!, pero é que hai que recoñecer que os chanchullos destes pequenos reinos de Taifas están á orde do día. Como exemplo sangrante valga o reparto das subvencións en Galicia...de xulgado de garda...non menos escandaloso que os apaños nas oposicións, o reparto descarado de altos cargos entre as familias populares, ou o chalaneo de pequenas obras entre os alcaldes afíns. En fin, un rosario de roubos e apaños que non semella ter fin.
Pregúntome que pensará a administración do Estado, a única verdadeiramente profesional o país, de todo este tinglado. De vergoña!!!

Lorcho -

De vello o IGAPE foi un muñidor de votos a cambio de subvencións...nada novo baixo o sol!!! Non sei de que nos sorprendemos.