TURISTAS
Os mozos galegos son uns turistas; vanse ás Canarias de camareiros porque lles gusta facer turismo; outros buscan países moi diversos como o Reino Unido, Suíza, Alemaña ou Estados Unidos. A veces, a mais do turismo, van pra formarse mellor. A conclusión é que os mozos galegos son moi inquedos, viaxeiros na procura de aventuras. Iso é o que dixo a Conselleira Mato nunha comparecencia no Parlamento, en resposta a un enquérito do BNG sobre a emigración forzada da xuventude galega, diante das nulas perspectivas de futuro que teñen en Galiza. O remate, concluíu, os culpables son o PSOE e o BNG. Aínda non se enterou que quen goberna en Galiza é o PP. Esa panda de bonsais aínda non baixaron da cerdeira dos amorodos.
0 comentarios