Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O AVE GALEGO

O  AVE GALEGO

 

   Os periodistas intentaron que a Ministra Pastor dera un data pra chegada do AVE; non houbo maneira. Solo lles contestou que vai paga-las obras rematadas. Non vai ser doado. O primeiro que fixo o PP e reter tódalas disponinbilidades de crédito. Isto supón que  os créditos afectados a un contrato vanlle a dar outra finalidade, e a obra queda sen pagar. Primeira consecuencia: xenérase un endebedamento encuberto, non computabilizable a efectos de déficit. A empresa acredora queda nunha difícil situación económica. Haberá mais paro, arruinaranse empresas. Que mais da, Todo sexa pra mais gloria do PP. O  importante: ¿Van a continua-las obras do AVE ?. Complicado, algunhas empresas xa levantaron o pe do acelerador e o pesimismo e a norma. Na Xunta pasouse dunha reivindicación constante a un cómplice silencio.

2 comentarios

Bestelo -

Bueno pois por fin o conselleiro da COTOP recoñeceu o outro día que o AVE galego non era máis que unha grande mintira...eran horas!!! Despois de ter enganado uns e outros aos galegos con esta pantomima durante tantos anos. Claro que ata agora estaban caladiños porque lles interesaba electoralmente. Agora que teñen seus amigos en Madrid lárganse co lerio de que é unha obra irrealizable...acabáramos!!!
E para rematala aparece Feijoo dicindo que vetou a saída desde tío cara o goberno central porque é o mellor conselleiro de infraestructuras de toda a nación. Incrible, pero certo. De coña

Anónimo -

Que boa esa imaxe escollida. Acertas no que considero será o futuro das comunicacións deste país...a volta ao pasado!!!
Ide comprando carros e bois. A este paso mellor vos será.