UNHA AUSTERA REMODELACION
Alguén pensou que co gallo dos novos nomeamentos, ós que se vía obrigado a facer Feijoo, se ía aproveita-la ocasión pra facer unha remodelación; nunha situación normal houbera sido o lóxico, pero isto non é unha situación normal. O lóxico houbera sido remove-la conselleira de Traballo, porque o paro, que Feijoo prometera arranxar en 45 días, representa o de mais acelerado crecemento de España e, de seguir así, pronto se situará á cabeza do Estado. O problema pra Feijoo non é baladí. Tódolos conselleiros acumulan méritos pra ser cesados, visto dende o punto de vista da eficacia e da corrupción. Iso visto dende un punto de vista alleo. Mais, canto da corrupción e da ineficacia non lle é imputable a Feijoo. Feijoo non precisa conselleiros eficaces, precisa conselleiros leais; que si fai falla poñan unha pinza no nariz e sexan capaces de face-los chanchullos que lles ordene Feijoo. Por iso non podería cesar ó conselleiro de Industria, metido no asunto dos muiños de vento, o IGAPE, ect; nin o conselleiro de obras paradas, enfangado co de SOGAMA, concursos de obras, persoal, ect,. Nomeou pra Sanidade á implicada nas oposicións do SERGAS, construción do hospital de Vigo, etc.. (tería moito que agradecerlle). O que se di un bo curriculum. Un antigaleguista confeso en cultura, bo pro proxecto Feijoo, de borrar toda pegada diferenciadora. E así o resto. O mais do mais, segundo Feijoo, querían leva-lo Conselleiro de Infraestruturas. Posiblemente de encargado da fotocopiadora. Os outros conselleiros que levaron pro Goberno Central foi pra postos de segunda ou terceira categoría. Non debían ver neles moita valía.
0 comentarios