AFUNDESE
O barco da autonomía galega afúndese. Non vai a piques por problemas de suficiencia financeira, senón de mala administración. Sempre, en calquera caso, os recursos financeiros serán escasos, compre, pois, unha xestión eficaz dos mesmos. Nestes intres de dificultades económicas, é mais necesaria que nunca un eficiente xestión dos recursos. Descoñezo a relación entre bo xestor e dependencia política. Feijoo prometera que ía acabar co paro en tres meses. Cando Galicia, no tempo das promesas de Feijoo, tiña unha taxa de paro do 11%, hoxe despois de tres anos de goberno de Feijoo a taxa rolda o 19%; non é a mais alta de España, pero si é a de maior crecemento do ritmo de paro. Feijoo pra manter un coeficiente de endebedamento dentro dos parámetros que sinala o Goberno Central recorre a trucos contables que non entran dentro dos parámetros de fiscalización pro computo do déficit. Empeza a ser habitual a “colaboración” financeira privada. Pra realización de obras i explotación de servizos, recorre á financiación privada, mediante o pago dun canon anual. Este sistema, o seu abuso, pode comprometer a xestión de futuros gobernos, que se atoparan cun endebedamento, esaxerado e inesperado, ó non estar contabilizado como tal. O Tribunal de Contas xa avisou á Xunta desa posibilidade. Seguiremos.
1 comentario
Baldreus -
Con moita razón se preguntaba o Lehendakari estes días atrás si a proposta de Montoro de procesar aos rexedores públicos por dilapidar o patrimonio, tería en conta que con iso ía meter a medio PP no cárcere.
Non me extraña que o ministro embainara a lingua rápidamente, sabendo o que ten na súa casa