Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NOVO INTENTO

NOVO INTENTO

 

     Nun novo intento, e coa plena actualidade do enxuizamento do  único xuíz que se atreveu a intentar facer xustiza ás vítimas do franquismo, o BNG  plantexa no Congreso unha iniciativa sobre a  investigación dos crimes do franquismo. Non cabe esperanza de que esta iniciativa teña mais éxito que a que lle precedeu. Si no primeiro intento o Congreso foi incapaz e condena-la sublevación duns  militares perxuros; agora co Congreso lixado de azul,  fai impensable que se obteñan outros  resultados, pero  fai xustiza ó xuíz que agora xulgan, e a mais de douscentos mil desaparecidos, Que ben  merecen unha mínima preocupación.  Non se trata de abrir feridas como din os fascistas; trátase de pechar vellas feridas sobre a verdade, non pechalas en falso, estendendo un manto de  silencio e mentiras sobre a nosa historia. Os fascistas que fixeron desaparecer a mais de duascentas mil persoas, aqueles  valentes que asasinaron a xente indefensa e arruinaron ó pais, foron cobardes pra quitarlle, pola forza, a Inglaterra o peñón, que si o utilizaron pra facer patriotismo populista.  E moita hora de que os que se beneficiaron coa espoliación dos bens das vítimas do franquismo indemnicen ás vítimas.

2 comentarios

Anónimo -

Da arrepíos ver a foto que publicas hoxe no blog. Que triste é pertencer a un país tan cainita. E dicir que algúns todavía hoxe en día seguen a mirar para outro lado cando se mentan estes feitos. Noxento

Lorcho -

Indigna a posición do PP sobre o franquismo, como sempre. Que falta dunha dereita moderna e europea temos neste país!.