A ULTIMA VICTIMA DO FRANQUISMO
Garzón é, por agora,a última vítima do franquismo, pero témome que non será a derradeira. Pódese admitir que Garzón íalle o papel dea xuíz estrela, e iso despertou moitas envexas dentro da profesión; tamén, o logo da súa carreira pisou moitos callos e con iso gañou moitos inimigos. Ousou tocar temas tabú pro fascismo español; como foi o da investigación dos crimes do franquismo; pero o catalizador de todo, o detonante foi a escoitas da trama Gürtel. As investigacións ós crimes do franquismo ían ter un limitado recorrido, pero moi importante pras familias dos afectados. Non se imputaría a ningún responsable, porque case todos morreron xa, pero os descendentes dos asasinados poderían darlles unha decente sepultura. Os fascistas descendentes dos asasinos do franquismo viron a investigación dos crimes do franquismo como unha posible ameaza o seu status e, posiblemente o descubrimento do orixe de moitos patrimonios e a súa propia posición na escala da sociedade. Non houbo ningún tipo de depuración coa chegada da democracia, polo que algúns postos públicos son ocupados por dereito divino, aínda que os queiran disfrazar cunha oposición. O PP está moi contrariado co caso Gürtel, que é o maior caso de corrupción dos países democráticos e queren avisar do que lle pasaría a quen intente investigar. O proceso nace con importantes sombras de imparcialidade e lexitimidade. O xuíz Varela e manos limpias, chegan pra estender un escuro e sospeitoso manto sobre da limpeza e imparcialidade do proceso. O circo que o fascismo montou en torno de Garzón vai traer consecuencias pros señores da Toga. Isto termina en Estrasburgo.
2 comentarios
PitaAzul -
E para acabar de jorobala agora abrenlle un expediente o xuiz que leva o caso de Urdangarin por filtracións, de traca.
Sarteaus -
Non te fode!!, so lle falta bailar cunhas castañuelas para celebralo.
Q banda!!!