Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UN DIA TRISTE

UN DIA TRISTE

 

   Pódelle caer a un mais ou menos simpático Garzón; pero Garzón representa unha esencia de valores, que os ben nacidos desexarían. Solo os corruptos, criminais, narcotraficantes e especies afíns, se poden alegrar da condena de Garzón. Hoxe é un día triste pra xustiza, pra España e a humanidade; pero os corruptos, e demais, non conseguiran que esquezamos, que teñamos anceios de xustiza; non conseguiran que os disfrazados, os que lixan a Institución da Xustiza, nos leven ó desánimo e a derrota moral. Afiánzannos na crenza dos valores da xustiza, a liberdade e a democracia, e ningún golpe de estado dunha xustiza, que non cree na democracia e vive anclada no fascismo o vai conseguir. Agárdanos un camiño de sufrimentos, pero lograremolo. É hora da verdadeira transición.

   A sentencia segue unha cronoloxía necesaria, primeiro condenase a Garzón polas escoitas pra logo condenalo por investiga-lo franquismo.  Do contrario tería  unha peor presentación pública. Tamén  deixa a mensaxe pra outros xuíces que se salten o guión  terán problemas: hai cousas que é mellor non investigar e os poderosos son intocables; así haberá dous tipos de valores: as dos  poderosos e as do común.  Ó xuíz  Garzón condénano, pero acada sona e recoñecemento internacional.                

2 comentarios

Irmandiño -

Isto é o que pagamos pola nosa tan cacarexada "modélica" transicion. Unica en todo o mundo porque permitiu que antigos soportes dun réxime criminal e terrorista como o franquista, non soamente fosen eximidos dos seus apoios directos ou indirectos a aquel réxime de asasinos senón tambien de que ata nos seguisen gobernando. Que se permitira que un monarca, ministros, xuíces, policias, funcionaros siguieran non soamente cos seus postos senón que ata tivesen a cara dura de autodenominarse democratas de toda a vida...é unha vergoña.
Polo tanto, Garzon está a pagar pola nosa "fantastica" transición, baseada na mentira, a amnesia e a estupidez....

Anónimo -

A verdade é que cada día faise máis difícil crer na independencia do poder xudicial. Cando un ve os casos de favoritismo como o caso do Sr. Urdangarín, entre outros moitos-, se decata un de que isto non é xustiza. Queremos unha XUSTIZA CON MAIÚSCULAS. Pero aquí en España, hai aínda moitos fantasmas do pasado. Esperemos que isto cambie, aínda que moito me temo que non será así. O meu máis incondicional apoio ao xuíz Garzón e a todos os que queremos un xuízo xusto, independentemente da ideoloxía de cada un. Por enriba das ideoloxías están as persoas e todos temos dereito a ter un xuízo xusto. Atte.: Salvador Domínguez