DE CALADO
Unha reforma de calado, pra xerar emprego, dixo a Vicepresidenta do Goberno, co seu característico movemento de ollos. Un insulto ó que teña algunha neorona. O único claro é que se facilita o despido barato. Os traballadores que accedan ó mercado laboral sustituirán, con peores condicións, ós traballadores despedidos, pero non se crearán novos postos de traballo. Con esta reforma aínda se contraerá mais o consumo e as empresas reduciráselles mais o mercado. Consecuencia: o paro medrará. Nin incentivos ó consumo, nin reforma de Institucións Territorial, políticas, sindicais, financeiras, ect; tampouco se toca as relacións coa Airexa. Mais que reforma é un enredo, un xeito de contentar a unha insaciable patronal. A simple baixada de ingresos, non as perdas, será suficiente motivo pro despido. Rajoy, o mesmo que dixo que non subiría os impostos, tamén prometera, en campaña electoral que non abarataría o despido; unha vez mais fai o contrario do que prometeu. Non sei si o goberno de España é un goberno feble, se non ten claro un programa, ou se manda os mercados; o que si cada vez está mais claro, tamén en contra do que dixo, é que España é gobernada dende Berlín.
0 comentarios