Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A HSTORIA INVENTADA

A HSTORIA INVENTADA

 

 

  As consecuencias da ausencia de unha transición democrática, non solo se ve no xuízo de Garzón. A contaminación e manipulación da historia, recollida nun libro editado cos auspicios, da que debía ser unha Institución científica e seria coa Historia, puxo colorados e   revolvéronselles as tripas ós expertos historiadores e científicos. Mais dun incluso vomitou co noxo, cando O Diario PBLICO revelou que no dicionario bibliográfico da Real Academia da Historia, subvencionado con case seis millóns de euros, dicíase que Negrín era un ditador e que Franco era un valeroso militar  que montou un réxime “autoritario, non totalitario”. O feito viviuse con asombro fora das nosas fronteiras, e púxonos, de novo,  fronte á realidade da nosa podrida sociedade. Editores e científicos decidiron elaborar un dicionario alternativo, baseado en feitos reais.  Non é solo o PP, nin os fachas, que viven sentados nas cadeiras, das que debían ser venerables Institucións, tamén o PSOE ten que asumi-la súa culpa; pois os feitos ocorreron baixo o goberno do pusilánime Zapatero. Por moito que queiran reescribi-la historia, non poderán ocultar que Franco foi un ditador xenocida. Agardo con impaciencia que salia a venda o libro pra mercalo.

 

2 comentarios

autor -

Grzas, moitas grazas polo teu comentario, que da moita luz ó tema.

Retrincos -

Eu o que teño entendido é que ao parecer a Real Academia da Historia encargou a polémica entrada biográfica acerca de Franco a un historiador moi próximo ao devandito personaxe: un tal Luis Suárez (que non é en modo ningún parente de Adolfo Suárez), membro da Fundación Francisco Franco, do Opus Dei e único historiador de certo nivel na actualidade que continua defendendo o labor de Franco na súa totalidade (xa que Pío Moa non ten o título de historiador).
Por outra parte, a colección enteira foi financiada no seu día polo goberno de José Maria Aznar (con Esperanza Aguirre como Ministra de Educación), razón pola cal é bastante parcial en moitos dos seus aspectos.
Como anécdota para os republicanos, a redacción da entrada biográfica sobre Letizia Ortíz foi encargada nin máis nin menos que á propia Casa Real española (asi que menudo rigor historiográfico ten, verdade?? jaja ).