Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

HAI QUE ROUBAR MAIS

HAI QUE ROUBAR MAIS

 

 

    O da exdirectora da CAM motivou un río de comentarios. Estráñase a peña das pretensións de Amorós. Non ten tanto de raro que pida indemnizacións polo lucro cesante, polos danos a súa imaxe, calificando o seu cese como despido improcedente. Os outros executivos das demais caixas tamén arruinaron as Entidades que dirixiron a tivo o Estado que rescatalas. Os directivos marcháronse con escandalosas indemnizacións, e non pasou nada. Por iso vexo normais as pretensións de Amorós. Neste pais, si roubas moito on tes que reocuparte. Hai de ti que furtes 1500 euros pra salva-la casa dun desouzo, ou unha barra de pan pra engana-la fame dos teus fillos; irás á cadea por mito tempo. O de Amorós é un caso moi similar ó de Tedy Bautista. Conclusión, si roubas, hai que roubar moito. Nalgúns casos incluso non terás que recorrer á desagradable experiencia de acudir ós tribunais. Sen ir mais lonxe, a multitude de altos cargos das caixas galegas, que despois de arruinalas, marcháronse pra casa cun cuantioso botín. Si se pode dicir que os políticos contribuiron a afunda-las caixas, no  caso da CAM o PP valenciano  tiña nela o seu banco privado.

 

1 comentario

Sártalo -

Xa vai sendo hora de que estes estafadores de luva branca non se vaian de rositas despois de deixar tantas familias sen os seus aforros e unha débeda do patinete. Que o paguen ou vaian ao cárcere, como fixeron en Islandia con algúns banqueiros...