Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NON CADRA

NON CADRA

 

   Non cadra que teñamos aeroportos sen avións e aulas se calefacción, bateres sen papel hixiénico e chourizos na rúa ceibes, farmacias ás que non lles paga o goberno autonómico e circuítos de fórmula un. Duques que saquean a facenda, e facenda superendebeda, xuices que destapan mafias corruptas e son procesados, mentres os chourizos saen ceibes. No medio estudantes, que non son estudantes, senón terroristas que non agradecen os recortes que o goberno fai no ensino público pra preserva-lo ensino privado da crise. Uns estudantes que pretenden ter os mesmos dereitos que os do  ensino privado, que non asumen o papel  que lles asigna o goberno do PP, man de obra barata, sen cualificación. Hai que ser comprensible co Director da Policía, que vía unha boa oportunidade de proba-la preparación da policía pra reprimir futuras protestas de famentos e desesperados, que non agradecen a miseria pra alcanza-lo reino celestial

2 comentarios

Leixa -

Esto vai camiño de semellarse aos anos setenta cando a xente corría diante dos grises. Daquela a policía recetábache por menos de nada xarabe de pau, para alinearche o lombo e listo!!
Parece que en lugar de ir cara adiante voltamos cara atrás na nosa Historia.

Anónimo -

Pois eu imaxino a Conde Roa babexando cas imaxes das cargas policiais...cando terá desexado unha boa lea no Obradoiro cando os dos 15-M estaban acampados.
Leña da boa, seguro que lles daría si podera. E así tantos outros peperos que nos gobernan...