Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AS PRIORIDADES DO RÉXIME

AS PRIORIDADES DO RÉXIME

 

     Reforma-la lei do aborto e outras leis de contido social, como unha prioridade do goberno, da idea do que é importante pro PP. Xa en Galicia sabemos o que pro PP é importante. Destruír, borrar tódalas pegadas do goberno anterior, son programas, non publicado, deste goberno que pretenden mais deus pra nos e mais euros pra elles. En primeiro lugar quere contentar á airexa, en segundo lugar ós poderes económicos; non os mercados; si  contenta ós mercados é algo que lle ven imposto dende fora, e fai o mesmo que faría outro partido no seu lugar. O paro queda moi ben como cartel electoral, pero despois deixa de ser prioritario. Agora parece que é prioritario modifica-los programas das oposicións de maxisterio. Verdadeira kafrada. Neso tamén actúan como o fixo o PPg nas oposicións da Xunta e do SERGAS. Polo que se ve é marca  da  casa.  

2 comentarios

Leboráns -

ja,ja, q bo iso de máis Deus para nos e máis euros para eles.
A verdade é que todo o mundo sabe, ou debería saber, que os matrimonios gais e a asignatura da Educación para a cidadanía son dúas das razóns que están na orixe desta crise que nos está afogando como país, non sí?
Por iso superrajoy e a súa banda loitan dende o primeiro día por tumbar estas e outras cuestións de primeiro nivel que tanto preocupan ao españolito de pe.
En fin, agora en serio...o pp é a dereitona de toda a vida en España. Nada novo baixo o sol

Sartalo -

Levaban moito tempo agardando na sombra para por fin acadar o poder e impoñer a súa contrarreforma fachosa e retrógrada.
Vese que non teñen tempo que perder!!!