A FALTA DE DIÑEIRO
As consecuencias do paro son motivadas pola á ausencia de crédito. De ben pouco serviu que o BCE dera ás entidades de crédito prestamos o 1%. A entidades españolas solicitaron o 20% do diñeiro posto a disposición das entidades de crédito da UE. Ese diñeiro non chegou ás empresas, nin ás familias; os bancos utilizáronnos pra invertelos onde lles deu a gana; unha parte importante na débeda que emite o Estado, de aí que a prima de risco baixara. Os mercados son de reacción lenta, aínda non se enteraron que Zapatero xa se foi, e chegou Mariano coas súas reformas, ou o mellor pensan que son o mesmo de malos. A prima de risco disparase cada vez que s fachas abren a boca, xa está por riba da Italiana. Xa non podemos votarlle a culpa a Zapatero; pra arranxalas cousas viñeron Rajoy e a súa panda. Por iso están cobrando; así que menos desculpas e mais solucións.
0 comentarios