E TI MAIS
Non é novo o de “Ti mais”. Nunha recente representación parlamentaria. Si representación parlamentaria; porque en lugar de arranxalos asuntos públicos, os partidos políticos tomaron o parlamento por un corral de comedias, no que simulan ter opinións contrapostas sobre un determinado asunto. Co gallo do debate da reforma laboral, Rajoy reprochoulle ó PSOE que no seu mandato houber mais de 3.000.000 de despidos, razón pola que non consideraba o PSOE lexitimado pra darlle leccións. O argumento, lonxe de aclarar cal vai sela política de Mariano, déixanos acollonidos diante da ausencia de ideas, os dous partidos tíranse merda mutuamente, quedando unha cousa clara: Haberá o mesmo número de despidos, pero mas doados a baratos. Tódolos diarios económicos mundiais coinciden en salienta-la pouca credibilidade que lles da Rajoy. o mesmo pasa nos círculos políticos estranxeiros e nos mercados. A noite aínda está por chegar, pero virá, sreguro.
1 comentario
Ríos -
Rajoy, que ainda que non o parezca, non é parbo, sabe que sempre que se vexa acurralado polos socialistas, ten fácil recurrir á terrible herdanza que estes deixaron para calar ós críticos. E non serei eu que lle negue parte de razón nesta cuestión, se non fose porque botar os balóns fora, ou as culpas a outros, non arranxan efectivamente os problemas, como ben se di no blog.
Por iso, se non se teñen ideas novas para aplicar, mellor que deixen paso a outros, a que sigamos instalados na roda do "...e ti máis"