EMARSA
EMARSA, ou o saqueo impune do diñeiro público. Esta era unha empresa pública do goberno de Valencia, que foi liquidada e que deixou un furado patrimonial de 17 millóns de euros. A macroestafa está sendo investigada pola xustiza, pero o PP pon todo o seu empeño en agocha-los feitos. O Presidente da CCAA de Valencia, posiblemente prisionero da mafia política valenciana, mira pra outro lado. Un directivo de sociedade facturou a EMARSA varias noites de hotel con catro señoritas de moral distraída. Parece que actuaba en plan garañón. O Gran Premio de Valencia era un dos moitos eventos cos que se xustificaban facturas falsas; non naceu o GP solo como evento deportivo, senón como un medio mais de fabricar facturas. Destacados personaxes da trama Gürtel, como Crespo, ou Cuesta, tamén estaban recibido diñeiro da sociedade. Como as demais tramas corruptas do PP pode verse tapada e paralizado o proceso, xa que o PP iniciou o proceso de cese dos funcionarios comprometidos na investigación.
0 comentarios