NUN DIA ESPECIAL
Lonxe da loita de sexos como alguén pretende celebrar este día, pra min é o recordo das mártires queimadas naquela fábrica por reivindica-los seus dereitos. Un feito lixa este recordo: A intervención de monseñor Gallardón calificando a maternidade responsable como a xeradora da violencia de xénero. Seguro que si existira a lei, que el pretende eliminar, cando o concibiron, moitos menstruos que hoxe hai na política e na airexa, probablemente non houberan nacido. Non comprendo ben o da violencia estrutural da que fala; quizá nese mundo do que procede haxa médicos loucos que perseguen pola rúa a mulleres embarazadas armados de instrumentos crueis; mais ben penso que hai gobernos que non constrúen garderías, que non axudan a que as parellas poidan criar persoas, que os empresarios pagan salarios de miseria, que non queren embarazadas na súa empresa, etc. A muller é pra Gallardón e a súa corte un animal reprodutor, como o pode ser unha vaca, nada mais.
1 comentario
Aguillao -