TRAXEDIA NA INDEFERENCIA
Case 25.000 fogares galegos non teñen ingresos. Nunha cidade coma Vigo, 50.000 persoas viven na pobreza. Si esta cifra a extrapolamos ó resto do pais, que se lle engadimos os mais de 270.000 parados, danos unha idea da situación real do pais, moi distinta desa fantasía que nos pinta Feijoo no Parlamento. A Consellería de Traballo, da que depende a política social, atópase nesa parcela do estado de benestar, na que se centran a maioría dos recortes, dunha parte polos imperativos orzamentarios, de outra pola política do PP de elimina--lo estado de benestar e deixar unha residual acción social a imaxe da que había no século XIX. O RISGA converteuse nunha sorte de trampa burocrática pra marea-los solicitantes pra que desistan antes de que chegue unha resolución. Resolucións que xa están nos oito meses, cando a lei da un prazo máximo de tres. Pra iso, ultimamente nin se ditan. Todo está paralizado. Nada parecido o que se prometeu en campaña electoral. Dificilmente pouco se poderá, nun futuro,. retoma-la acción social ó goberno de Feijoo; porque nestes tres anos de goberno, a Xunta laminou toda a política social. Mentres estas desantencións se dan, a Xunta, sen concurso público, vai destinar a subvencionar medios que difundan a labor da Xunta; pra elo, faranse convenios entre cada unha das consellerías e os medios escollidos.
3 comentarios
Anónimo -
ods-coia -
Anónimo -
Con moitísima razón calificouno como "o pior presidente da historia recente de Galicia". Non e de estrañar coa bagaxe que leva nesta lexislatura.
Quo vadis Feijoo??