Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

CON APARIENCIA DE VERDADE

CON APARIENCIA DE VERDADE

 

 

  Pouco lle importa ós manipuladores de opinión a verdade. Eles ven na desorientación da opinión como unha parte da guerra psicolóxica na que están empeñados. Xa se sabe que nas guerras, i estes dende o 36  seguen en guerra, a primeira vítima é a verdade. Causa un nauseabundo cansazo a manipulación, inventan noticias, métennos nun mundo de falsidades e odios. Son fillos de pai descoñecido, sementadores de rumores,  difamadores en grupo como lobos dunha manada, que escriben panfletos cos que nade se limparía o cu. ¿Hai corrupción en Andalucía?, moi posible; por desgraza tamén a hai en Galicia, Baleares, Valencia, Madrid e en tódolos lugares onde goberna o PP. Unha corrupción protexida e amparada polo poder. A razón de tamaño cruzada mediática  pra acada-lo goberno de Andalucía, obedece a dúas razóns. 1.-teñir España de azul, empregando os bulos e as mentiras, ou os medios que se lles poñan a tiro, 2.-desenrro-la corrupción en réxime de exclusiva. Pretenden, ademais, desmantela-los servizos públicos, deixalo traballador desvalido diante do empresario e regalalo diñeiro ós curas. Que o PP use a corrupción como arma pra atacar ós contrarios, resulta irónico.

0 comentarios