UN BO REPARTO
No reparto das cartas que nos da a vida, hainos cunha boa man. Pra mostra os parentes de cargos do PP, colocados en consellos de administración de empresas, algunhas privatizadas na época de Aznar, que seguen pagando a renda de favores. O marido da Cospedal, e outros parentes da ilustre nomeounos pra copar cargos, ós que sae viron obrigados a renunciar por presións da Moncloa, diante do escándalo que producían os devanditos nomeamentos. A Cospedal, co mais descarado nepotismo, quería incrementa-los ingresos familiares e o seu poder, Soraya, que é a muller con mais poder, dende Isabel a Católica, presionou na Moncloa, pra cortarlle ás as á Cospedal, e de paso, nomeou o seu marido pro consello de administración de telefónica; non é menos certo que esta é a típica política clientelar do PP , pero no fondo está o enfrentamento das dúas poderosas damas do PP.
0 comentarios