Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

SEN FUTURO

SEN FUTURO

 

 

   Cando a economía non ten futuro, cando a destrución de emprego rematará cando todos  estamos en paro;  verémoslle o rabo ó demo.  A CE, os   mercados e os nosos socios comerciais, queren que reduzamos o déficit e  poñamos orde  na  economía.  As elecións autonómicas xa pasaron; que era un atranco pra política de esganamento  dos currantes e pensionistas. O PP non nos quere afogar, quere que vivamos pra que sigamos mantendos os moinantes e as estruturas de poder e caciquiles.   Non se van suprimi-las  Deputacións e o Senado, nin reduci-los axuntamentos. Non se vai loitar contra do fraude fiscal, porque os defraudadores teñen influencia no poder; tampouco se vai tocar as retribucións dos políticos e dos sindicalistas,o poder da   banca  e dos ricos. Non se vai toca-los privilexios fiscais da airexa,nin o seu financiamento a cargo  Estado. Seremos os  de sempre, os que carguemos coa crise,os vampiros son da clase

2 comentarios

Lorcho -

O problema é que España viviu un nicho de crecemento económico baseado no endebedamento das familias e a construción a prezos abusivos. Un ámbito alleo ao de desenvolver empresas capaces de competir nun mundo globalizado. E aínda peor, lastrou os consumidores a un endebedamento que serve para pagar a riqueza do pasado e non a do futuro. Ao final quen gañou? Bancos, empresarios da construción... Consumidores-traballadores non.

Hai máis dunha década que os que nos dedicamos á industria vemos que este país estivo a tomar unha senda equivocada. Agora como malos estudantes, tocar ir á recuperación e falar de cousas que deberían ser cousas do pasado: innovación, competitividade, productividad,… e o foco céntrase en recortes para corrixir os erros do pasado en vez de construír o futuro.

Redondelano -

Iso, os paganos da crise serán como sempre Juan Pueblo