SALDO DUNHA FOLGA
Na hora do saldo, todos gañaron, goberno e sindicatos. Sendo metafisicamente imposible que as dúas cousas sexan verdade á vez. O goberno minimizou o éxito da folga; os sindicatos falan de éxito rotundo. O goberno non vai modificar nin unha coma a súa reforma laboral; polo que se pode entender que non valeu pra nada. Unha folga, aínda que sexa dura, é un acto fugaz, que se apaga no tempo. Mais posiblemente esta folga sexa solo o comezo dun largo conflito laboral. O mellor a folga xeral non era oportuna, pero o goberno fíxoa necesaria. Solo unha mellora notable da situación económica e laboral, que non se vai dar, pode abalar unha reforma laboral tan desequilíbrante e agresiva. O goberno galego da unha cifra de seguimento da folga nun 35%, os sindicatos nun 93%. Un dos dous, ou os dous menten. A marxe das cifras, non hai impunidade pra reforma do goberno.
0 comentarios