DO PRESTIGE Ó EUME
Cada goberno pepero ten no seu haber unha catástrofe ecolóxica. Estaba escrito que a catástrofe do goberno Feijoo tiñan que se-los incendios forestais; o da mangueira era unha premonición. Nun alarde de tirar fogos artificiais pra contenta-lo persoal, pedíu, con determinación, o enderucemento das penas pros incendiarios. Claro, primeiro hai que collelos. Cousa difícil nos incendios intencionados de profesionais. Unha labor necesaria, e que non entendeu que a era, é a prevención. As Fragas do Eume eran unha mostra do abandono a súa sorte. O descubrimento dun xacemento de andalucita e a presión económica sobre a Fraga, fixo o resto. Sería unha gran mentira falar solo da catástrofe das Fragas do Eume, por moi terrible que sexa, por que Feijoo ten no seu haber o arraso dos parques naturais, como o do Xurés. Claro que os espazos naturais son obstáculos á especulación. Ese puidera se-lo motivo de que os abundou.
0 comentarios