QUE MAL PINTA
Non chegaron moi lonxe os orzamentos, xa hai que poñerlles un pegote. O PP di que vai recortar 10.000 millóns de euros en sanidade e educación. Si iso ocorre, e non hai porque dubidalo, a sanidade pública desaparecerá. O copago houbéranos parecido un regalo. Estanse a organizar, como un baile de buitres, entidades privadas pra presta-los servizos sanitarios. A Comunidade de Madrid xa está abrindo camiño. A educación tamén entra nos recortes. Cánto e onde, non se sabe, pero a Cultura e a Educación son parcelas que non son importantes pro PP. Non se recorta ós políticos, a airexa, e un ridículo 2% a Casa Real… ós Sindicatos non se lles recorta; ameázaselles con facelo si non son bos. Nade se cre os orzamentos de Rajoy. recortes e crecemento son incompatibles. Si non crecemos non poderemos paga-lo prestado.
2 comentarios
Rexurxo -
Anónimo -