CELEBRANDO A REPÚBLICA
No aniversario da proclamación da segunda república, un 14 de abril, houbo celebracións de grupos minoritarios, que semellan ser os únicos que respetan e actúan en congruencia co que debe se-lo xeito de comportarse dos que representan ó pobo soberano. Xa reclaman, abertamente, a instauración da III república, como un xeito de rexeneración democrática e de loita contra a corrupción. Á celebración do aniversario sumouse, pra darlle a razón involuntariamente ós republicanos, o Rei, que nun acto de irresponsabilidade, marchouse de cacería de elefantes a un pais africano co que España non ten siquera representante diplomático. A viaxe foi clandestina, sen contar co goberno nin co Congreso, aínda que o Rei ten dereito a vida privada; non se pode ser rei a tempo parcial. Despois de estar cinco días desaparecido, e gastar unha fortuna en asasinar animais, non se pode ser tan irresponsable e trivial. Que a institución monárquica teña ta pouca consideración social é culpa da propia familia real que vive nunha burbulla, allea ós problemas do pais. Non cola, a toro pasado, o de que lle informou a Rajoy que ía estar en Boswana; porque entón Rajoy é un g...e non houbo previsión sobre a sustitución temporal do rei na xefatura do estado.
4 comentarios
volanteira -
Indignación que foi subindo, conforme me fun informando dos prolegómenos. Mais de 40.000 euros, custounos aos españois ese infame capricho. E todo iso no medio dunha crise bestial, así que, hai que dicilo agora e ben forte, monarquía nooooon.
Ao poder polos votos, non polo sangue.
mlandrove -
Non hai Título na Constitución máis necesitado de cambio que o Título II do que se salva moi pouco de reforma; mesmo por enriba do Título VIII (organización territorial). É hora que Juan Carlos I ceda o relevo ao Príncipe de Asturias; non é cuestión de que o investimento que fixemos en D. Felipe se murche como o príncipe Carlos de Gran Bretaña, porque o Señor das Muletas teña unha esperanza de vida próxima aos 100 anos, aínda que non estea nin para actos protocolarios, pero curiosamente si para certas actividades privadas.
Lagarteira -
Este decadente señor foise a matar animais a Africa, mentres millóns de africanos pasan fame igual que os españois. Isto supón unha ofensa en toda regra para todos os españois. Estamos avergoñados. Que se poñan a traballar os chamados borbóns, non os necesita ninguén, son unha máquina para gastar diñeiro e producir excrementos, piores que os políticos, aos que polo menos podemos votar e botar (con v e con b)
Luis Otero -