FUMATA EN SANTIAGO
Intentouse, pero non puido ser. A campaña montada dende a Xunta polo tridente constituido por Feijoo, Rueda e Hernández non deu o resultado esperado. Intentaron defender a Conde Roa, poñendo, como sempre, o ventilador, remexendo , inventando e difundindo os mais disparatados rumores. O asunto do alcalde de Santiago xerou gran inquedanza en Xénova. Malia que dende San Caetano se presionaba, porque eran presionados, pra que Conde Roa dimitira, o interesado agarrouse a teta e non quería cesar, mesmo chegou a anuciar unha rolda de prensa pra xustificarse. Isto motivou a convocatoria dunha xuntanza dos concelleiros do PP de Santiago, presididos por Feijoo, na que se acordou o cese de Conde Roa. Si o PPg xa coñecía os antecedentes cando o propuxo pra candidato á alcaldía demostra que en San Caetano hai cómplices. A guinda púxoa Conde Roa cando dixo na rolda de prensa que ninguén o presionara pra dimitir
3 comentarios
Anónimo -
Ventreus -
(Favor pagado co seu nomeamento). Pode haber máis merda na política do PP de Galicia?
Difícil
Picheleiro -
É que iso de chegar á casa e dicilo aos fillos que o seu pai é un galopín debe ser moi duro!