RATO Á FUGA
Con case 25.000 millóns de euros pra reflota-lo banco do PP, sen que nade vaia ó cárcere; pero si, unha larga lista do PP na nómina de Bankia, é o desfalco mais grande que se deu en España. O PP saca unha lei sobre a transparencia, pero sen ánimo de cumprila, oponse a que os responsables da crise de Bankia dean explicacións no Congreso. A empresa contratada pra audita-las contas de Bankia non se decatou de nada, unha vez máis, limitouse a cobrar unha boa minuta Trátase de Deloitte; leva dentro a antiga Arthur Andersen- e as súas responsabilidades alcanzan non só a Cajamadrid, senón tamén a Bancaja e o Banco de Valencia. Falsea-la contabilidade, anunciando un beneficio de 300 millóns, cando as perdas superaban os 3.000 millóns é un delito, pero vivimos entre ladróns. O mesmo presidente de Bankia dixo que non estaba pra depurar responsabilidades… claro él é un dos responsables e está pra forrarse, porque a súa ambición non ten límite, non lle chega co que levantou. Non sei si os 10 millóns de votantes do PP isto lles importa; polo que se ve, en Valencia e en Madrid, a corrupción e o roubo non quitan votos. Comprendo a postura do PP sobre BANKIA. Foi o seu banco e afundírono os seus homes estrela. Crearon a imaxe de Rato como un mago das finanzas. Pode que Rato sexa efectivamente un mago, fai desaparece-lo diñeiro público, pero engorda o seu patrimonio. Sen quitarlle mérito a Aznar, vendeu a totalidade de empresas públicas, regalándoas ós amigos de Aznar, creou a burbulla inmobiliario, coa que deu morte ás caixas, pero enriqueceu a moitos peperos, non é pra recorda-lo seu paso polo FMI, remata de fundir BANKIA, iso si, levándose mais dun millón de euros de premio.
0 comentarios