SEN RUMBO
Tódolos índices marcan o ocaso de España: fraude, prima de risco, paro, déficit, etc., produto da desconfianza que xenera Rajoy e o seu goberno Si non o largamos espérannos tempos moi negros.. Da a sensación que todo o que pode mete man no saco do diñeiro. Se alguén lle lo afea, irrítanse. Caso Divas, que non solo non devolve os cartos e dimite, senón que ataca a quen lle descubre. España así non pode seguir. Hai que limpa-lo pais da mediocridade, dos vagos e dos chourizos. O PP en cinco meses arruinou o país, non quero pensar o que poden facer en catro anos. Si realmente lle tivera algo de apego ó pais, iríase; pero como bo pepero o amor a España é solo un engado, un dito pra xustificarse na apropiación de todo, un xeito de envolverse na bandeira, mentres se sangra ó país. Co ánimo de tranquiliza-los mercados e a opinión pública, Rajoy compareceu en Xénova, ollo: nin no Parlamento, nin sequera na Moncloa. Non conseguiu nin unha cousa, nin outra. Foi falar da fariña e subiu o pan. Non deu resposta a nada, narrou necesidades, as que todos coñecemos, pero non deu esperanzas, porque non ten solucións.
0 comentarios