Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

GOBERNO SEN INFORMACION

 A tódolos gobernos lles molesta a información libre, pero o PP, tanto a nivel autonómico como estatal, ten unha tendencia a controlar todo o que o cidadán deba coñecer, porque saben que é o xeito en que a incompetencia, nepotismo e todo tipo de corrupción non  chegue á rúa.  Os populares precisan domina-los medios de comunicación pra gobernar; pra eles é esencial á manipulación da opinión publica; forma parte da súa cultura. A televisión que pretende o PP é o modelo Aznar. A enfermiza obsesión do PP por controlar e manipula-los medios de comunicación reflíctese na reforma da TVE que propiciou pra volvela a converter nunha TV de partido, seguindo os modelos das televisións autonómicas do PP, das que sobresaen a TVM e a TVG, verdadeiras factorías de control ideolóxico. O control da información complétase coa manipulación e fideIización dos medios escritos e TV locais, mediante xenerosas subvencións e a persecución implacable dos que non seguen as consignas de San Caetano, o que é completado con interesadas filtracións, que o dilixente Canbaleiro presta.  O PP promete acabar coa parálises de TVE. Solo andará co pe dereito, e recordaranos tódolos días o felices que somos co PP. Non vos resistais, deixádevos seducir.

0 comentarios