SALVAR Ó SOLDADO RYAN
No PP deuse a consigna de salvar a Rato. As querellas que hai en curso e as que se aveciñan alarmaron en FAES. Si o mito Rato cae, con el cae o cerne da propaganda do bum económico da era Aznar. Malia que se sabe que durante o goberno Aznar non houbo ningunha explosión de expansión económica, e que solo houbo a bonanza que deu a venda masiva do patrimonio do Estado, venda que e realidade foi o reparto do botín dos activos do Tesouro entre os amigos de Aznar; así como o desmadre da burbulla inmobiliario, que agora sufrimos, moitos peperos, impulsados por FAES, seguen mantendo que durante a época Aznar foi o momento dorado da economía española. O afundimento de Bankia motivou a caída de Rato e o denudo do mito. Rato, que se consideraba intocable e protexido por Aznar, non esperou a cabalería e desmelenouse nunha rolda de prensa, na que atacou o modo do goberno de intervención en BANKIA. Si Rato ten algo de razón, que toda parece que non a ten, faise necesaria unha auditoría seria, pra sabe-lo que pasou en Bankia. Rato ten moita culpa do que pasou, presuntamente mentiu e roubou, pero tamén o PP ten moito que ver no que aconteceu; por iso a intervención da Fiscalía Xeral é sospeitosa
0 comentarios