Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O MARISCAL FEIJOO

O MARISCAL FEIJOO

 

   O mariscal Feijoo inventou o ano de nove meses. Cerrou os orzamentos a 30 de setembro pra cumpri-lo déficit. O resto do ano foi de hibernación e deixa-las facturas a fiado. Feijoo non ten sentido do ridículo e crese as súas propias mentiras, solo así se explican as súas burdas intervencións. O déficit rexistrado hai que incrementalo, ó menos, un 25%, froito do periodo aplicado e dos pagos pendentes. Cando interpelaron a Feijoo polo déficit maquillado, foi moi claro, falou da culpa do déficit oculto, segundo o PP, é de Zapatero. Non importa que foran as CCAA gobernadas polo PP, nin que o asunto non teña moita relación coa pregunta; así de clara e contundente foi a contestación de Feijoo. No actual exercicio, o déficit de Galiza, no primeiro trimestre foi do 0,56, cando a media das outras autonomías foi do 0,45. Grazas ás transferencias a conta dende o Estado, o déficit aparece como 0, pero é previsible que para fin de ano se dispare, nembargantes, atendendo ós antecedentes, é previsible que Feijoo reduzca o ano ós meses necesarios para cadra-las.  Parece unha burla, pero é unha triste realidade, a da propaganda da lei de asistencia, ou proteción social, pensada pras vindeiras elecións. Durante tres anos de goberno dedicouse a recortar dereitos sociais, facendo de Galiza un pais cun paro crecente, un risco de exclusión de 600.000 persoas e cunha mingua constante de axudas de todo tipo. No día do medio ambente dixo que o desenrolo que non respeta o medio ambente non é desenrol Qué será, pois, o establecemento en rede natura e onde lles peta, de instaslacións piscículas, ou os eólicos. ¡que cara!

0 comentarios