SUPRESIÓN DAS DEPUTACIÓNS
A Deputación de Ourense contratou a 95.
Persoas dende a toma de posesión
de Baltar fillo. Iso é caciquismo, de tal pau, tal estela. Non ós recortes en educación, sanidade e servizos
sociais. Supresión das Deputacións. Supresión dos chiringuitos de Feijoo, as
chamadas Axencias que creou en cada Consellería, con persoal contratado a dedo.
Feijoo tamén incrementou a nómina de
persoal dependente da Xunta; por suposto esa xente incorporouse a dedo, co
inestimable mérito de ser do PP, ou do seu entorno. Forman parte de ese
exclusivo club do 10%, pros que todo vai ben, e definen a Feijoo como o mellor
líder que tivo Galiza. A eles non lles importa que duplicara a débeda, que
privatizara servizos, pra que os xestionen os amigos, que o paro medre, que se
paralicen as axudas á dependencia e outras prestacións sociais, que se cargue o
ensino público, que os escándalos, pese o control dos medios de comunicación,
salgan como as setas. Xa está ben de tanto sarao. Privatización da Cidade da
Cultura. Os peperos entenderon que as maiorías absolutas lles daban dereito a
saquear, mentir, manipular e enchufa-los seus. Temos que rescatarnos,
recobra-la dignidade e ser donos dos nosos destinos.
0 comentarios