Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

SANIDADE, ÓNDE VAI

SANIDADE, ÓNDE  VAI

 

Outra volta de porca máis no desmantelamento da sanidade pública. Son insaciables e non van a parar ata converter a nosa sanidade nunha copia da mercantilizada xestión sanitaria privada norteamericana. Ó paso que imos, a maioría teremos que volver utilizar os servizos dos curandeiros como no terceiro mundo, xa que total con todos estes recortes os hospitais caerán a anacos e operaranos un bolseiro a tempo parcial que non terá rematado nin a carreira porque sairá máis barato. Feijoo pretende privatizala sanidades por cachos. Os amigos do PPa ven na sanidade unha oportunidade de facer negocio; Feijoo vai desmembrando a sanidade por parcelas; dese xeito pode mais xente participar no negocio. En Santiago houbo unha gran manifestación defendendo a Sanidade e a educación pública. Sigo sen comprender o apoio electoral a Feijoo, logo que ten acreditado que é  trilero mentireiro. Os das opcións preferentes están que votan lume. A Xunta, en lugar de defendelos, culpa o tripartito e a Manolete. ! Serán castróns!.

 

0 comentarios