Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

QUÉ SE CELEBRA

 

        A fría celebración dos actos do bicentenario do TS, fixo do evento unha escena surrealista, na que un Presidente solitario vagaba como unha alma en pena polo Salón dos Pasos Perdidos, que neste caso parecía que o nome do local o dicía todo. Moitos Maxistrados e personaxes  políticos  refrendaron coa súa  ausencia, o divorcio que existe na Institución. A nivel internacional o descrédito da xustiza  española coincide coa patética imaxe dunha España postrada, a imaxe dunha España en bancarrota cun goberno de inútiles. O único que parecía digno de celebrarse é a corrupción do PTS e do CXPX e a definitiva vinganza de expulsión do xuíz Garzón por denunciar o Gürtel. A proclamación da independencia dos xuíces, cando convén, e proclamar a dependencia, naqueles casos dos en que os amigos o precisan. Foi un día triste pro pais, pra dignidade e pra democracia.

 

0 comentarios