Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DÍVAR, ¿VAISE, OU NON SE VAI?

DÍVAR, ¿VAISE, OU NON SE VAI?

 

  A lenta agonía do CXPX parece chegar ó se fin.  Despois de que o PP afroxara no apoio a Dívar, e permitira ós Conselleiros do CXPX tomar a decisión de retira-lo apoio a Carlos Divar, parece que o asunto Dívar vai camiño da solución. Dívar defendeuse como o gato panza arriba, e solo cando viu minguados ós apoios,ofreceu tomar pro xoves unha decisión radical e contundente. Non soou a unha decisión firme de cese; os circunloquios i eufemismos semellan mais a salva-lo momento, sen asumir ningún compromiso. Non é entendible non dimitira no momento, nin que os Conselleiros non o cesaran. Que unha persoa na súa situación, participe nos actos do bicentenario é subrealista. De momento o Rei non quere aparecer na foto con Dívar, e vaise a Arabia. É inadmisible que se vai sen devolve-los cartos  e sen ser xulgado. A comparación de trato con Garzón é escandalosa

0 comentarios