!QUE FRANCACHELA!
Dicía eu que onde hai algo raro está metido o PP, tal é o caso de Dívar, pero é que neste pais estar metido en algo gordo, ábreche as portas do poder. Vimos como Dorribo foi recibido por Feijoo e recibiu o apoio do PP en bloque. Como nos teñen afeito a desconfiar, de que o que parecen casualidades non o son tanto, desconfiamos de que algo hai por debaixo da mesa. Os optimistas din que pronto se saberá porque Dorribo solo e fiel a si mesmo. Do mesmo xeito, os moitos favores que Feijoo lle ten feito a Telmo Martín, entreles perdoarlle unha multa de tres millóns de euros dunha sanción que xa tiña que ter ingresado, así como promocionalo a Senador. O certo é que Telmo medrou como a escuma á sombra do PP , pois pasar de fontaneiro de aldea a Senador, é unha carreira boa. Os poderosos teñen unha egolatría que lles fai cómicos pero ademais teñen a tendencia a presentarnos como un éxito o meirande dos seus fracasos. A Cidade da Cultura é un exemplo do fracaso dun goberno que nos queren colar como exemplo de boa xestión.
0 comentarios