Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

UNHA PATADA NO NOSO CU

UNHA PATADA NO NOSO CU

 

   A perla de Rajoy de que os recortes, que il chama reformas, traerían crecemento e emprego, é insuperable. O único que se ve, é paro e recesión

   Patética e fora de todo realidade estaba a Ministra de Traballo cando dixo que España era o exemplo de Europa polo ben que ía todo

    Tamén unha patética e descerebrada Cospedal declaraba onte que o Goberno estaba a negociar o rescate con "dureza". Non son quen de asegurar que non estaba no seu san xuizo

    Ser corrixidos polos organismos internacionais cada vez que un abre a boca, debe de ser moi difícil de xustificar cun mínimo de coherencia.

     A CEE déronlle unha patada a Rajoy no noso cu. Humíllanno e fainlle retificar as medidas de goberno.

     A Ministra de Sanidade non lle chega co copago de medicamentos, simplemente suprime a financiación de 456 medicamentos, algún esenciais para doencias crónicas. O medicamento contra da diarrea mental dos políticos sigue a cargo da SS.  É un homicidio premeditado dos pobres. Viva el vino. 

0 comentarios