DE VERGONZA
Fai pouco Feijoo dicía que Galiza non tiña que facer recortes, que a Xunta tiña os deberes feitos, e que era contrario o copago. Pois ben, co seu coñecido servilismo modificou os orzamentos pola porta traseira, recortando mais aló do insinuado pra contentar a Madrid, ademais, pídelles ós beneficiarios da SS que colaboren, cos hospitais, que son seus, é dicir, pensa desplumarnos. Que eu saiba, os hospitais de nova factura son privados, arrendados pola Xunta. Os recortes en Sanidade estanse a facer con criterios ideolóxicos, aproveitando a crise; do mesmo xeito privatizou areas de Dependencia e outros servizos sociais. Alí onde hai un euro, hai un cazo dun amigo do PP pra recollelo. Agora di que en Galiza será onde os medicamento serán mais baratos, xa poden porque é onde os ingresos son mais baixos. O acto parlamentario, no que Feijoo facía esas afirmacións soaba oco e a acto propagandístico; polo que coñecendo os antecedentes de Feijoo, que non di unha verdade, nin por erro, a cousa non pinta ben.
0 comentarios