Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

TRAELLE CONTA

 

     Noya Motor ten unha relación previlixiada coa Xunta de Feijoo, cédelle coches á Xunta, que termina comprando. A Conselleira da terra e do mar, que gusta de luxos, ten a proba, un exclusivo auto, que aínda  non se comercializa. É de esperar que non se aburra do modeliño e que non remate nas mans dun amigo do partido pra uso particular como o passat que conduce Evaristo Lareo, da Cofradía de Caión. Andar en coches de luxo, a nosa costa, sen que apareza o compromiso de habelo mercado, é unha habilidade  mais dos xunteiros de Feijoo. Vese que a relación da Xunta con NOYA MOTOR é importante, a ámbolos dous lles trae conta. No tempo de goberno de Feijoo na Xunta lévalle vendido unha media de mais dun coche diario. A Xunta é un bo cliente. NOYA MOTOR é un colaborador importante nas campañas electorais de Feijoo. Claro esta non é a única empresa de don pra que me deas. Os favores que se pagan cos nosos diñeiros, e que serven pra alienarnos, darían pra unha tesis.

0 comentarios