MORALIDADE FRENTE A INDIXENCIA
O risco de exclusión social medra en Galiza dun xeito alarmante. É coñecida a alta taxa de paro, que sume nunha fonda escuridade social a quen a padece. Se a ese drama do paro lle engadimos un abandono das políticas de protección e reinserción social, temos servida a traxedia. Sen embargo aínda hai unha volta mais de porca que é a utilización partidista da pobreza. Lembramos a utilización electoral dos que viven na marxinación que fixo Feijoo, pra logo, non solo esquecerse deles, senón sumilos mais na miseria.
0 comentarios