Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

!QUE PAIASADA!

!QUE PAIASADA!

 

   Rajoy non vai o parlamento a explica-los recortes, non vai explicar o rescate dos bancos, non vai a Valencia, pero móntase unha foto con Feijoo e uns señores disfrazados, ós que lles entrega o CODICE, nun estilo Indiana Jons, como si el, en persoa, o rescatara. Parece que na catedral había moitos a roubar, pero o electricista, que non se lucrou do furto do CODICE, simplemente o cambiou de sitio e demostrou a custodia que tiña, e irá a cadea. Non van  os banqueiros, os de Gürtel e demais ganado. Sorpréndeme a cantidade de diñeiro que se manexa na catedral, sen control e sen declarar. E  Rajoy ofrecéndolles correr cos gastos dunha revisión do CODICE, mentres recorta  hasta as ilusións do pobo. Non acudir ó Parlamento nin a catástrofes, pero si a eventos vacuos, forma parte dun plan de imaxe. Como sexa el e Feijoo xa teñen a súa foto pras eleccións. Dado que as fotos son tan solicitadas, propoño ós partidos utilizar dúas fotos de Rajoy e de Feijoo, unha de fronte e outra de perfil. Fichados como elementos perigosos en Galiza, en España e en Europa. "Búscanse". Nunca mellor dito por que nin eles saben onde están. Ou si.

1 comentario

Quitapenas -

Bravo, moi bo, si señor