DE TESOUROS
O meu can penexo, nada mais desaparer o Codice , comezara as investigacións e dixo que o seu olfato lle dicía que había un cheiro a sotana e que dentro da catedral estaba a clave pra resolvelo roubo. A esa mesma conclusión, que se derivaba da lóxica dos feitos, parece que naquelas datas chegara a policía. Logo, por qué tardaron tanto tempo en recuperalo. Aí tamén hai responsabilidades. O Códice e outros tesouros deberan pasar a ser expropiados á Igrexa, dada a neglixencia con que os custodian. Noutras ocasións comercian con obras de arte que pertencen ó pobo español sen o menor reparo. Expropiación e pagamento de impostos é a única política eficaz para que a Seita Vaticana entre no século XXI. Ese home, católico de misa diaria, estivo a roubar obxectos da catedral dende hai dez anos, cos que pagou o seu chalé e o piso do seu fillo, e os responsables da súa custodia calaron como putas;porque seguro que alguén mais podía mete-la man. Mentres o deán da catedral afirma que comprobou a autenticidade do códice recuperado ("o máis importante do mundo da cristiandade), porque recoñeceu anotacións que el mesmo fixera con bolígrafo! !que animal!. E queda máis ancho que longo! ¿Nunca vai actuar a xustiza contra a prepotencia do clero católico ?. O do millón douscentos mil euros, que lle atoparon en metálico, así como varias obras de arte do museo da catedral podía terminar co arzobispo e co dean na cadea, pero o final xa pode intuirse.
1 comentario
Anónimo -
Din que son donacións dos pelegríns a eirexa...iso da para facer abalar o botafumeiro ata que o teito da catedral caia a pedazos de tanto voo. E logo andan a pedir esmola, o que hai que oír...