O DILEMA
Feijoo vive no dilema de adianta-las eleccións e coller a oposición desorganizada, ou reforma-lo Parlamento, recortando o número de Deputados pra obter maioría absoluta. Feijoo teme unha debacle nas eleccións e quere amaña-la cousa como sexa. Tiña a cousa fácil cunha oposición dividida e desorganizada, pero a inoportuna entrada en escena de Mario Conde trastocoulle os plans, ameazando o seu feudo de Ourense, quedando solo Lugo como reserva material, Xa están tecendo pra desmonta-lo asunto Conde, que me imaxino se pode amañar; por cartos que non sexa, pero hai sectores moi descontentos, que se sentiron marxinados nestes anos de Feijonianismo, tamén os defraudados polas promesas incumpridas. Moi complicado o panorama. Os medios de comunicación xa están traballando arreo pra presentarnos un Feijoo salvador do pais, fronte ó caos da oposición. Aínda haberá quen o crea. Pra complicarlle mais as cousas, esa sentencia declarando nulo e ilegal a anulación do concurso eólico resolto polo bipartito e que suporá unha forte indennización os afectados, a cargo da Xunta, cando debía saír do seu peto
0 comentarios