Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

EU MAIS

EU MAIS

 

  Parecía que as ocorrencias de Zapatero era insuperables, pero chega Mariano, ansioso por emular o seu predecesor en todos os campos: máis parados, máis débeda, máis desafiuzamentos, máis mulleres-floreiro, máis inútiles ministeriais, etc e decídese a superalo tamén no difícil terreo das  estulticias.    Os dous teñen en común un amplo repertorio de frases ocas e sen sentido. Mariano e como o tirano que nos quita todo, obrigándonos á ilusión de supoñer que nos deixa algo ó que chamamos alma. Mariano, tirano por subscrición popular, recorre á vida interior cando a exterior xa case non alcanza ó fin de mes e entón ten que osmar no lixo dos supermercados. Máis de media España votoulle na confianza de que a súa soa presenza atraería os investidores e o país se levantaría e botaría andar, como Lázaro. Pero case un ano despois España segue ulindo a morto, a paro e a desafiuzamento, e a inmensa maioría dos estafados nas urnas van comprendendo o que moitos sospeitabamos, é dicir, que se este home nin sequera era capaz de abrir unha lata de mexillóns cun milagre, dificilmente ía poñer de pé a economía como un mesías barbudo que lle ordena a Lázaro que se erga e ande.  De romaxe, que é como el fai as cousas, xa sexa en touradas, comilonadas ou visitando á Vire do Rocío, Mariano caeu na conta de que todos os españois temos unha alma, mesmo os políticos, e ese descubrimento debería preocuparnos, porque seguro que agora lle mete á alma o IRPF e o IVE,     

 

0 comentarios