Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

RAJOY ORDEA

RAJOY ORDEA

 

   Rajoy chamou a Feijoo a Xénova e ordéalle adianta-las eleccións, antes dos novos recorte que ten previsto. Dicía un Senador do PP, con referencia á data das eleccións galegas, que Feijoo faría o que sexa mellor pra Galiza. Rebéntame esta confusión, identificando o que é mellor pro PP, co que é mellor pra Galiza. Por calquera lado que miremos, os case catro anos de goberno Feijoo solo trouxeron números negativos: triplicou a débeda sen inverter mais que en propaganda , multiplicou o paro, desfixo tódolos sectores produtivos, gobernou con rancor e sectarismo, arruinou o ensino público, bloqueou a sanidade pública pra desgastala e desprestixiala, converteu a Función Pública nunha oficina do PP. Todo o que funcionaba  machacouno. Nade o podía facer peor. Chegou a hora das contas: Qué fixeches na túa provincia, terra magoada polos caciques. Qué pasou cos centros de saúde que ias facer . Qué foi da fábrica de coches eléctricos . Qué foi do pazo de xustiza. Que foi da depuradora de Vigo e demais prometidas.  Como vai o hospital de Vigo, a autovía da costa da morte. Qué foi do porto seco de Salvaterra. Qué foi da autovía do Morrazo. Qué foi da estrada Vigo- Baiona. Cómo vai o naval. Qué pasou con Ferro Cómo vai a pesca.  Cómo vai o lácteo. Cómo ai a investigación do pucheirazo das oposicións. Cómo vai o eólíco. Como vai a segunda pranta de tratamento do lixo. Cómo vai o sector financeiro. Cómo chegamos nunha sola lexislatura a triplicar o endebedamento da Xunta, en qué se meteron  os cartos. Qué foi da investigación e a innovación. Pero qué fixeches

 

0 comentarios