O GALO
O meu humilde e fondo pesar polo pasamento do avogado santiagués Oscar Fernández Refoxo, fundador do Galo, asociación cultural galega creada no 1961 e que lle supuxo atrancos profesionais e persecucións. Facía falta votarlle arrestos a, naquela época de escuridade cultural, especialmente a cultura galega, fundar unha asociación cultural, contraria ós principios uniformistas españolistas da doutrina franquista. O mundo da cultura ten unha inmensa débeda con Oscar Fernández, pero ademais todo bo galego ten a obriga de recoñece-la labor destes loitadores, que sufriron por defende-la nosa lingua e a nosa cultura, sen importarlles o custo
0 comentarios