PRESUMIR, ¿DE QUÉ?
Coas eleccións convocadas comeza a poxa. Nas pasadas eleccións a promesa estrela de Feijoo foi acabar co paro en 45 días. Cando Feijoo colleu o goberno estábamos nunha cifra de paro, que hoxe sería mais que aceptable, pero ó día de hoxe o paro non deixou de medrar e achegase ós 300.000 desempregados. Estamos na segunda recesión. A débeda triplicouse. Os sectores produtivos esnaquizados. Os servizos sociais polo sumidoiro. Sanidade, educación e cultura na reserva. O I+D+I é unha magoa. As Obras Públicas paradas. Os que teñen sorte de ter un emprego, é un emprego precario e de mala calidade, dependendo do norte do empresario. E Feijoo a presumir. ¿ De qué vai este tipo?
0 comentarios