PREGUNTO
Unha dúbida teño eu: se pagamos máis impostos, entón o Estado queda con máis diñeiro noso; por contra, cada vez danme menos servizos polo que pago, iso chámase engano, ou estafa. Non vale o que esteamos moi endebedados, O Estado ten elementos de control pra saber onde houbo malversacións. Sabido isto, cántos políticos españois están no cárcere por dilapidación, malversación de fondos públicos, etc.?. ¿ Cántos banqueiros ?. Aquí os diferentes partidos que gobernaron, tanto a nivel local autonómico, nacional, xestionaron sen control, e a ninguén se responsabilizou diso e os órganos de control están baixo, valga a redundancia , baixo o control dos que debían controlar. Xa sabemos o que lle pasea o xuíz que se atreva a depurar responsabilidades. O caso Garzón está moio presente e os gurtelianos na rúa.
0 comentarios