PREVARICANDO
O vo da gaivota ciscando merda sobre as comunidades que goberna, fai irmáns as terras de levante e fisterra. As licencias de difusión foron dadas polo sr Pons, a dedo, a empresas vinculadas co PP. Agora as licencias foron anuladas por sentencia xudicial. Se da sentenza de anulación se deduce unha prevacarización,¿ por qué non actúa a xustiza de oficio?. Na democracia teñen cometidos os políticos moitas barbaridades, ningún político foi encausado, menos á cadea. A igual que en Galiza, haberá que pagar indemnizacións ós prexudicados. Dáme que os cartos van saír dos nosos petos.
0 comentarios