LUXO E POBREZA
Feijoo, o austero, almorzou no Ritz, nada menos. A conta a cargo noso. Encargáronlle ser o dique de contención das reivindicacións autonómicas, especialmente dos baróns do PP. Escudeiro fiel da Rajoy, arremeteu contra tódolos que non deixan disfrutar a Rajoy dunha merecida sesta, sexan do partido que sexan. Foder que austeridade a do PP. Veña recortes e eles almorzando no Ritz. Na prensa americana relátase como os recortes funden a España nunha onda de pobreza. É penoso ver de costas a un home remexendo no lixo buscando comida; unha comida que a Feijoo lla poñen adornada sobre mantel de liño no exclusivo hotel Ritz...
0 comentarios